DIO
#8 Comodín
O veterano. Ten máis quilómetros de cancha ca resto xuntos, o cal nota no seu xogo e tamén nos xeonllos. Din que foi xogador profesional, aínda que ninguén puido verificalo porque DIO vive pegado ao teléfono e a conversa sempre deriva cara outra cousa. Director de xogo, líder no clutch e o primeiro en lembrarche que el xa facía isto antes de que fose cool.
Salgueiro
#17 Escolta
O home do Renacimento. Exxogador de balonmán, guitarrista, baterista, produtor televisivo e agora escolta de baloncesto 3x3. Se hai algo que Salgueiro non fixera aínda, é probablemente porque aínda non tivo tempo. Tirador de elite desde a liña de dous e o xogador co currículo máis difícil de resumir nunha tarxeta de visita.
Jacobo
#39 Base
Programador informático que de novo apuntaba maneras no baloncesto ata que o resto do mundo medrou e el quedou onde estaba. Desde entón houbo un paréntese longo, moi longo, de exercicio practicamente nulo. Volveu con ganas e co portátil sempre preto. Especialista en transicións, defensa a presión e en atopar o bug do equipo rival.
Pedreira
#46 Alero
Profesor de día, baterista de noite e ciclista as mañás do fin de semana. Ten dous discos publicados en Spotify, o cal o converte no membro máis famoso do equipo fóra da cancha. Dentro, a súa versatilidade é a súa mellor arma: pode postear, tirar e defender. Lo de compatibilizar todo iso cos agullentos é outro tema.
Pepe
#47 Alero
Autoridade dentro e fóra da cancha. Exentrenador de baloncesto e dono dun recurso que o resto do equipo leva meses intentando copiar sen éxito: xoga o balón a taboleiro e entra. Sinxelo sobre o papel, devastador na cancha. Vé o xogo como adestrador e exécutao como veterano.