Sobre Lume
Máis ca un equipo. Unha excusa perfecta para seguir xogando con máis de 45.
Lume 3×3 naceu en Santiago de Compostela a noite na que o Obradoiro conseguiu o ascenso á ACB. Na celebración saltou a chispa, alguén dixo «deberíamos montar un equipo» e, contra todo prognóstico, fíxemo.
Somos 3 ou 4, dependendo do día e de como amanezan os xeonllos. Algúns levamos anos xogando ao baloncesto, outros chegaron aquela noite con máis entusiasmo ca fundamento. Xuntos formamos algo que non ten nome técnico pero funciona: un equipo de baloncesto 3x3 en Galicia que compite, aprende e queda a tomar algo despois.
Os nosos valores
- ▸ Ritmo — O 3×3 non espera. Nós si, sobre todo ao que ven rezagado por culpa das costas.
- ▸ Rúa — Respectamos a cultura do baloncesto urbano. E o parque do barrio, que é onde xogamos a maioría das veces.
- ▸ Comunidade — Nacemos de dous mundos distintos que se uniron nunha noite de gloria allea. Iso non se esquece.
- ▸ Lume — Cada posesión conta. Dámoselo todo ata o buzzer, ou ata que os xeonllos digan basta, o que chegue antes.
Que é o 3x3?
O baloncesto 3×3 é a disciplina olímpica de rúa: un só aro, doce segundos de posesión, partidos ata 21 puntos e unha enerxía que non atoparás noutro formato. É rápido, físico e espectacular. É, basicamente, o máis exixente que poderiamos elixir coa nosa idade e as nosas articulacións. Pero aquí estamos.
Colabora connosco
Es marca ou negocio local e queres apoiar o proxecto? Visita a nosa sección de patrocinadores ou escríbenos en contacto. Prometémosche visibilidade, agradecemento eterno e a satisfacción de saber que estás a axudar a uns pais corentóns a seguir xogando ao baloncesto.